16 de febrero de 2016

Pepe, tío Pepe para todos nós.

Teño especial querencia pola xente que naceu en febreiro: Andrea, Iria, Alberte, Pepe, Marisa… as miñas queridas irmás… e naciches ti, benquerido Pepe.

Febreiro é tempo da Candelaria e de San Brais,  desas festas tan propias que poñen o pano ao inverno e abren as portas a unha nova primavera.

Ademais,  Febreiro é un mes máxico para os galegos :
- Os días duran máis e o sol xa quenta un chisquiño.
- Comezan a florecer os salgueiros, as mimosas, os pexegueiros, os loureiros, os toxos…
- Nacen as patacas de cedo. Os fentos (ou fieitos, como dicides pola Terra Chá) botan esporas.
-Os gatos  e os esquíos entran en celo.
-Os paxaros casan.
-Nos ríos aparecen as primeiras troitas.
-Os rapaces atopan os primeiros niños de merlos e pardais.
-Xa se escoitan as rás nas charcas e vanse da Lagoa de Cospeito  algunhas aves que viñeron a invernar.

 Será por iso polo que sodes tan especiais os febreiráns, os nacidos neste mes. Especiais e orixinais coma o propio mes, que como sabes tiña 30 días, pero dous emperadores romanos –os de Lugo diso sabedes moito-  roubáronlle cadanseu día para facer máis potente o mes  que levaba o seu nome: Xulio César para Xullo e Augusto outro para Agosto.
       
Todas estas concorrencias fanvos únicos e inesquecibles. Por iso estamos hoxe aquí para compartir contigo esta data tan extraordinaria.

Querido Pepe, aínda me lembro cando te coñecín. De soldado, eu. De tío de Madrid, ti. Amable, correcto, discreto e servizal. Sempre coa tía Estrella ao teu carón, ensínacheme Madrid nunhas longas andadas. Amena e versada conversa, pero cun ollo posto en min e outro na filla de teus cuñados de Lugo…

Aqueles encontros tiveron outros e, xa na familia, foron moitas as cañas na Cava Baja, nos areais de Alicante e agora nesta paisaxe estraña de Madrid.

Ao longo deste tempo, apreciei en ti os trazos propios da bonhomía: delicadeza no trato, tenrura na proximidade, sinxeleza no comportamento e espírito observador na túa faciana, e por riba de todo fidelidade á terra e á túa xente.

Propiedades Pepe, que te fan merecente dos dous adxectivos máis fermosos que cantamos no noso himno: bo e xeneroso.

Un galego bo e xeneroso pero tamén sabio que, coma aquel Balbino do conto de  Neira Vilas (este ano por certo orfo), fuches un neno da aldea, un neno pobre, un ninguén, para acabar sendo un home rexo e firme coma un buxo... aínda que con raíces  de Pino.

Quixera rematar este enredo no que me meteu o teu fillo, cun verso doutro chairego coma ti, que está de actualidade este ano: Manuel María, o poeta de Outeiro de Rei que describe magnificamente a túa querida terra, pero que, lendo de vagar ben podería perfectamente referirse a ti:

Ollade a Terra Chá dende as alturas,
é semellante a un mar en calma.
Pra medila só valen dúas mensuras:
Ferrados de corazón, fanegas de alma!

Parabéns tío Pepe por esta longa andaina e grazas por deixarnos facer este camiño xuntos.

Emilio Castro Fustes, 13 de febreiro de 2016.

___________________________________________________________________________________________________

(Muchas gracias, Emilio. A ti, a toda la familia de gallegos que vinieron al cumple y a todos aquellos que -no pudiendo seguir a mi padre en su longevidad-, estuvieron inequívocamente presentes en este homenaje, participando desde nuestros corazones)

Codorníu.

6 comentarios:

calmA dijo...

Qué emoción Don José, está claro que es usted un ser excepcional, esas letras formidables que le ha dedicado su familiar, que nacen -es obvio- de un profundo sentimiento de admiración y cariño hacias su persona. Como soy también acuario del 19, me ha encantado el "apunte" que ha hecho sobre las personas nacidas en este mes de febrero, mi madre también lo era, del 9.Así que un honor compartir con alguien tan valioso como ud. aunque sea a urano, como regente de vida.

Qué buena pinta tiene esa tarta y ud. impecable.Felicidades de nuevo!!!

Qué bonito suena en gallego...

Un abrazo

JOSE ANTONIO MERA-ESPIÑO dijo...

Maravilloso, y sabiendo lo que hay muchas felicidades y un abrazo a los dos.

SALETA dijo...

Muchas gracias, calmA y José Antonio.
Por ahora, seguimos en la brecha.
Un abrazo muy grande a los dos.

Mª Ángeles Cantalapiedra dijo...

Jajajajaja, ya lo he visto, estaba claro que no me había puesto los ojos...
Hooooola!!!, buenos días... como en el mensaje gallego no veo o no me he puesto los ojos aún, para dejar un mensaje, pues lo pongo aquí: me ha emocionado la foto de tu padre e impresionado ver la tarta con 105.
Un besazo enorme a los dos

SALETA dijo...

Mª Ángeles, que te digo yo que está mejor que todos nosotros juntos, jaja...
Muchas gracias en su nombre y un enorme abrazo por mi parte.

FDG - El Señor de Monte Grande dijo...

Que hermoso homenje.

Un abrazo desde MG